A Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (ACOLLE) agrupa ás residencias de maiores pertencentes a Fundacións, Asociacións, Concellos e outras entidades, co denominador común da ausencia de lucro, configurándose a un tempo como unha asociación empresarial e unha entidade prestadora de servicios sociais.
Acolle (Asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social) nace en 1995 e agrupa Residencias de maiores pertencentes a Fundacións, Asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro, configurándose á súa vez como Asociación e entidade prestadora de servizos sociais.
A denominación de ACOLLE responde ao carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazo de acollida para os maiores mais necesitados. O noso logotipo está configurado pola súa denominación, abrazada por un óvalo multicolor que simboliza a nosa filosofía: acoller sen distincións.
Actualmente temos 11 residencias e centros asociados, repartidos por toda a xeografía galega, atendendo a un total de 823 residentes.
Entre os nosos fins destacan:
A prestación de servicios sociais como entidade de iniciativa social, sendo a súa área de actuación preferente a das persoas maiores.
Poden asociarse todos aqueles titulares de residencias e centros de anciáns que desenvolvan a súa actividade sen posuír carácter lucrativo. A denominación de ACOLLE responde ao carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazos de acollida para os maiores máis necesitados. O noso logotipo, está configurado pola denominación, abrazada por un óvalo multicor que simboliza esta filosofía: acoller sen distincións.
Frei José dos Santos Nº14 15200 - Noya - A Coruña Teléfono: 981 821 702 email: secretaria@acolle.com - acolle@acolle.com